
O noso compromiso
Como representantes sindicais traballaremos pola defensa do PAS funcionario e dos seus intereses con firmeza, honestidade e responsabilidade, garantindo sempre a máxima transparencia e accesibilidade na toma de decisións. O noso obxectivo é escoitar as preocupacións de cada funcionaria e funcionario, ofrecer respostas que acheguen solucións a cada caso e negociar o futuro do PAS na Universidade de Vigo
Ti
Benvidos
Desde UGT queremos presentarvos as liñas xerais do noso programa con especial atención nas cuestións que entendemos como fundamentais, pero primeiro os nosos compromisos:
- Como representantes sindicais traballaremos pola defensa do PAS funcionario e dos seus intereses con firmeza, honestidade e responsabilidade, garantindo sempre a máxima transparencia e accesibilidade na toma de decisións. O noso obxectivo é escoitar as preocupacións de cada funcionaria e funcionario, ofrecer respostas que acheguen solucións a cada caso e negociar o futuro do PAS na Universidade de Vigo.
- Non imos prometer conseguir obxectivos que non dependan de nós, iso deixámosllo a outros. O que prometemos é traballar para mellorar a situación de todos os compañeiros e cumprir as metas que nos propoñemos.
Non imos caer no erro de prometer o que non podemos garantir, o único garantido é o noso traballo e que todos e cada un de vós poidades acudir aos nosos representantes para tratar os vosos problemas laborais ou persoais de conciliación coa garantía de que vos escoitaremos e axudarémosvos a mediar coa xerencia e o equipo se é necesario, para que ninguén se atope nunha situación de estar só ante o «perigo», como xa fixeron algúns dos nosos compañeiros aos que apoiamos.
Orientamos o noso labor ó colectivo e aínda que é unha obviedade que agora mesmo somos un grupo máis heteroxéneo temos moitos problemas e necesidades comúns que solucionar e atender.
Pero o obxectivo é a mellora de todas as condicións do PAS non atender a necesidades persoais concretas que poidan chocar cun interese máis xeral.


Obxectivo Tranversal e Primordial
Negociar a carreira profesional para todo o PAS da U.VIGO
Establecer o acordo de Xubilación parcial e adicar os aforros á carreira profesional
Compromiso Prioritario
Promoción e desaparición do grupo C2
Programa

RPT
Negociar unha nova RPT de PAS axustada a realidade das necesidades
Reforzar os servizos dos campus de Pontevedra e Ourense
Promover o primeiro ano o estudio e a actualización da RPT
o segundo a implementacion de plans correctores das disfuncións detectadas, modificacións puntuais da mesma e asemade procure a movilidade do persoal funcionario mediante concurso cada dous anos.
Promover que se asine un acordo que regule os concursos de o fin de manter actualizados os criterios de puntuación e os méritos das persoas funcionarias.
Negociar un sistema de promoción interna coa definición de probas e os temarios adecuados e xustos.
Atribución ao persoal funcionario do exercicio de todas as tarefas administrativas e de xestión, evitando a externalización de servizos e a inxerencia de equipas reitorais e cargos académicos (Uvigo-TV, Fundación, Campus do Mar, etc.).

FORMACIÓN
Establecimiento de itinerarios formativos que teñan utilidade de cara a la promoción profesional e a carreira profesional.
Formación impartida dentro da xornada laboral.
Plano de formación anual negociado e aprobado durante o último trimestre do ano anterior.
Aposta decidida pola formación virtual e pola autoformación, xa empregadas pola EGAP hai anos.
Mellorar a transparencia e a información ao persoal, incluíndo na web de Universidade as actas e acordos da Comisión de Formación.
Vixiar e controlar, mediante reunións mensuais que as actuacións da Xerencia se axusten ao vixente Regulamento de Formación e aos acordos tomados na Comisión.
En materia de idiomas, e como apoio ao proceso de internacionalización da Universidade de Vigo, elaborar un plan que permita a toda a plantilla alcanzar o nivel B2 dalgún idioma nun plan a seis anos.
Permisos sabáticos para a actualización profesional cada dez anos de antigüidade coas correspondentes retribucións.
Creación de programas de estadías noutras universidades españolas.

CONCILIACION DA VIDA PERSOAL E LABORAL
Reduccion da xornada en media hora diraria a partir dos 55 anos e dunha hora a partir dos 60.
Redución da xornada semanal de 35 a 32 horas e media.
Reforzo do Transporte Colectivo: Analizar co servizo de transporte e distribución a posibilidade de mellorar os itinerarios existentes.
Teletraballo: Iniciar a súa implantación e a extensión a todo o colectivo compatible
Mellorar e agrupar os dereitos do PAS de conciliación, permisos, licencias e recollelos nun adendum publicado na web da U.Vigo.
Recuperación dos dereitos do PAS perdidos
Flexibilización horaria previa petición do traballador/a.
Incrementos dos días de conciliación.
Aumentar a duración dos permisos de maternidade e paternidade.
Dotación de axudas especificas para gardería que substitúan a gardería infantil prometida e nunca executada no campus de Vigo mentres esta non exista. No seu defecto, firma de convenios con garderías externas e ludotecas.
Firma de convenios coas outras universidades do sistema universitario de Galiza que permitan unha cota de reserva de prazas nas residencias universitarias e colexios maiores en condicións ventaxosas para os PAS e os familiares ata primeiro grao así como coas residencias privadas de nons existir as publicas.
Redución das tarifas do Campus Camp.
Firma de convenios con residencias xeriátricas e centros de día para maiores
Programa

OUTRAS POLÍTICAS SOCIAIS
Anticipos de ata 6000€ a devolver nun prazo máximo de 3 anos, aplicable tanto para o persoal funcionario de carreira como para o persoal funcionario interino con previsión de traballo superior a seis meses.
Creación dun plan de mellora das condicións de xubilación anticipada do persoal funcionario, incluíndo un premio de xubilación.
Matrícula gratuíta en todos os centros de ensino público e subvencionado para os traballadores desta Universidade, fillos e cónxuxe (Centro de Linguas, Escola Oficial de Idiomas, etc.).
Somos un equipo de funcionarios de carreira e interinos, que traballamos para todos e cada un do PAS funcionario da UVigo por igual e sen distincións

RETRIBUCIÓNS
A pesar dos acordos conseguidos a nivel nacional o PAS perdeu poder adquisitivo, o noso obxectivo é recuperalo.

POLÍTICA DE IGUALDADE
Vixiar o cumprimento por parte da Universidade da lexislación vixente para a integración social e laboral de tódalas persoas con dificultades de inserción.
Compromiso con políticas efectivas para conseguir a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en tódolos ámbitos.